Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Se desenvolverán segundo o calendario previsto. Cada unha terá unha duración de 50 minutos. Os materiais máis relevantes e outros de apoio estarán ao dispor dos estudantes vía web (https://campusvirtual.udc.es/moodle/)
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio comprenderán o recoñecemento dos principais grupos de fósiles, tanto na súa morfoloxía xeral coma na súa sistemática. Os alumnos tomarán nota das súas observacións en libreta de prácticas e/ou segundo cuestionarios facilitados polo profesor
Saídas de campo A saída terá unha duración aproximada de 9 horas, aínda que a duración total estimada é dun día debido á distancia á que se atopan as localidades a visitar. Se inspeccionarán algúns xacementos con fósiles do Silúrico e Devónico nas inmediacións de La Barosa e Salas de la Ribera (León).

Posteriormente, os alumnos entregarán unha memoria recollendo os aspectos máis relevantes do realizado na mesma

Seminario Consultas e debates no campo da Paleobioloxía e Bioloxía Evolutiva dirixidos polo profesor
Proba obxectiva A avaliación da asignatura comprende:

1) Calificación sobre os coñecementos teóricos realizada sobre os resultados de:
1.1 Un exame sobre contidos impartidos durante as leccións maxistrais
1.2 Controis sobre os contidos dos seminarios

2) Calificación sobre os coñecementos prácticos realizada sobre os resultados de:
2.1 Un exame de recoñecemento “de visu” de fósiles comúns nas formacións sedimentarias da Península Ibérica e nas oposicións a profesorado do ensino medio e/ou
2.2 Cuestionarios de obradoiros e prácticas