Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Analizar e contribuír á definición dos problemas aos que as administracións públicas territoriais (e outras…) tratan de responder coas súas propias políticas. AM1
Recopilar, elaborar e interpretar informacións relevantes, cualitativas e cuantitativas para a toma de decisións. AM2
Identificar os actores e os intereses que poidan estar implicados no proceso de decisión, propoñendo os instrumentos capaces de afrontar e resolver posibles conflictos. AM4
Deseñar os procesos para a toma de decisións coa finalidade de favorecer a rápida adopción das políticas e a súa eficaz posta en funcionamento. AM5
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CM3
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CM4
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. CM7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8