Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Economía de Galicia. Economía territorial e políticas públicas | Código | 611440010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Neste ámbito, farase a presentación da materia, do xeito en que está estruturada e interrelacionada, da importancia dos temas que se tratarán, da metodoloxía e modos de acometer o traballo. |
Sesión maxistral | O profesorado exporá parte do temario con esta técnica. Profundará naquelas cuestións que poidan suscitar dúbidas no alumnado e fomentará unha acaída comprensión dos temas expostos. |
Presentación oral | O alumnado fará exposicións, de xeito individual, a partir de textos que desenvolven cuestións relacionadas co temario da materia. Estes textos poderán ser indicados polo profesorado e esixirán traballo persoal de análise ao alumnado. |
Resumo | A partir dun/s texto/s proporcionado/s polos docentes, o estudantado, de xeito individual, terá que desenvolver comentario/s crítico/s deste/s demostrando o dominio dos conceptos esenciais da materia e as relacións existentes entre eles. |
Seminario | Concíbense como ámbitos de posta en común, debate e discusión sobre os contidos da materia. Normalmente seguirán ás presentacións orais e aos resumos. |
Prácticas a través de TIC | Acudirase á aula de informática para que o alumnado poida facer procuras de fontes de información relevantes sobre a economía galega. |
Proba de resposta múltiple | Consistirá en probas tipo test sobre aspectos teóricos ou prácticos vinculados ao temario. |