Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia: obxectivos, contidos, metodoloxía, aportación, organización do curso, criterios e sistema de avaliación, informacións prácticas.
Discusión dirixida O profesor plantexará preguntas ou suscitará temas de debate ao fío do desenvolvemento do programa da materia.
Estudo de casos aplicarase a metodoloxía de estudos de caso, expostos polos alumnos e/ou o profesor, para ilustrar a concreción do marco xeral analizado previamente nun exemplo determinado.
Proba obxectiva Consiste na realización dun exame escrito ao final do curso sobre os contidos do programa.
Sesión maxistral Consistirá na exposición polo profesor dos aspectos máis salientábeis do programa, intercalada coa posta en común dos materiais da Plataforma Moodle, a discusión dirixida e o estudo de casos.
Prácticas a través de TIC O profesor pendurará na Plataforma Moodle unha serie de materiais para cada tema: textos, esquemas, cadros, gráficos, fotos, etc. Ese material será descargado e analizado, segundo as pautas dadas polo profesor, polo alumno previamente á clase presencial, onde se efectuará unha posta en común dirixida polo profesor.
Proba de resposta múltiple Exame tipo test