Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida O profesor plantexará preguntas ou suscitará temas de debate ao fío do desenvolvemento do programa da materia. A súa avaliación será conxunta coa asistencia. 17.5
Estudo de casos Exposición e resolución de casos. 7.5
Proba obxectiva Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa. Para superar a materia haberá que obter polo menos dez puntos. Valorarase a capacidade de expresión, manexo e dominio do vocabulario específico, capacidade analítica e sintética, e coñecemento dos contidos do programa. 40
Prácticas a través de TIC Consiste no traballo a partir dunha serie de materiais pendurados polo profesor na Plataforma Moodle. Na avaliación terase en conta principalmente a capacidade de aplicación dos coñecementos adquiridos á interpretación do material estatístico, gráfico e documental. A súa avaliación incluirá a asistencia a clase e participación na discusión dirixida. 20
Proba de resposta múltiple Consistirá na realización dun exame tipo test sobre uns contidos previamente especificados. O criterio de avaliación desta proba será especificada dentro do enunciado do test. 15
 
Observacións avaliación