Código Competencias da titulación
A2 Analizar e contribuír á definición dos problemas aos que as administracións públicas territoriais (e outras…) tratan de responder coas súas propias políticas.
A3 Recopilar, elaborar e interpretar informacións relevantes, cualitativas e cuantitativas para a toma de decisións.
A4 Identificar os instrumentos adecuados para lograr os resultados desexados e imaxinar os posibles escenarios.
A5 Identificar os actores e os intereses que poidan estar implicados no proceso de decisión, propoñendo os instrumentos capaces de afrontar e resolver posibles conflictos.
A6 Deseñar os procesos para a toma de decisións coa finalidade de favorecer a rápida adopción das políticas e a súa eficaz posta en funcionamento.
A7 Orientar ás institucións públicas implicadas no desenvolvemento das relacións interinstitucionais e co sector privado.
A8 Suxerir instrumentos de seguimento e control para observar os resultados.
A9 Acadar coñecementos e habilidades para analizar, decidir e implantar e optimizar actuacións vinculadas ao uso de novas tecnoloxías na xestión e nas políticas públicas.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Capacidade de aprender.
B3 Resolución de problemas.
B4 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B7 Habilidade para traballar de forma autónoma.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.