Temas Subtemas
Todas as prácticas deberán cumprir os seguintes requisitos: - Que se realicen nunha organización coa que a Universidade da Coruña teña asinado un convenio.
- Que sexan titorados por un profesor da UDC designado polo coordinador do Máster, preferentemente doutor, e con docencia na titulación correspondente.
- A organización na que realicen as prácticas nomeará un titor, que será a persoa encargada da instrución do estudante e a persoa de contacto co Máster correspondente.
- A universidade asinará un convenio de colaboración coa organización na que se realizarán as prácticas, onde se especifique con claridade que o estudantado é acollido como persoal en prácticas, sen que teña dereito a esixir ningún tipo de contraprestación económica nin adquirir ningún dereito laboral. A universidade contratará un seguro de accidentes para cada estudante que cubra o período de estadía na empresa/institución.
- Despois de coñecer as organizacións coas que existe convenio de prácticas, cada estudante deberá elixir unha das organizacións ou ben propor outra do seu interese. Neste caso, será obrigatorio asinar un convenio entre a Universidade e o centro proposto. Se a demanda dos estudantes supera a oferta realizada por dunha determinada empresa ou institución a preselección realizarase por criterios académicos.
- Despois de elixir o destino, e de ter a comunicación escrita da aceptación do alumno no centro e do titor, notificaráselle ao alumno e cada estudante deberá elaborar e xestionar, na medida do posible, a súa propia proposta de prácticas con base nos seus intereses e
nas posibilidades da organización. A proposta deberá ser presentada por escrito ao titor académico.
- Despois de tramitar as prácticas nunha organización, se o estudante decide cambiar de centro terá que solicitarllo por escrito ao coordinador do Máster, de xeito razoado, e non se poderá empezar a tramitar un novo destino ata que non teña notificación por escrito da aceptación do cambio. No caso de que xa fixese máis de 25 horas de prácticas, o titor emitirá un informe de
avaliación que será tido en conta para a nota final do alumno.
- O alumnado adaptarase ao réxime e horario establecido polo titor da organización e ao lugar de realización das prácticas.
- As prácticas realizaranse en réxime de media xornada ou xornada completa, pero en calquera caso, axustarase ao número de días de prácticas a realizar, co fin de que a súa duración sume, como mínimo, o número de horas que en termos de ECTS se computen no plano de estudos.