Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ao final do período de prácticas, cada estudante presentará ao titor universitario unha memoria
de prácticas (máximo 15 folios a ordenador, con tamaño de letra a 12 puntos e dobre espazo) no
que se describa a práctica realizada e que atenda, entre outros, os seguintes puntos:
- Portada con apelidos e nome do/da estudante, o centro de prácticas e os datos do titor do centro de prácticas
- Índice detallado e paxinado
- Introdución coa xustificación das prácticas, o horario e o tempo de permanencia
- Características do centro, indicando o contexto, o modelo organizativo, a planificación etc.
- Desenvolvemento das prácticas. Deberá realizar unha descrición detallada das actividades e tarefas realizadas durante a práctica.
- Reflexión sobre a formación recibida