Materias que se recomenda ter cursado previamente
Marco xurídico para a xestión das políticas públicas/611440001
Institucións e políticas na Unión Europea/611440002
Financiamento das facendas subcentrais/611440003
Avaliación de programas e proxectos públicos/611440004
Contabilidade Pública/611440005
Orzamentos e control da xestión pública/611440006
Calidade e xestión pública/611440007
Goberno dixital: implantación e estratexias de e-administración/611440008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

CRITERIOS DE RECOÑECEMENTO DA ACTIVIDADE PROFESIONAL POR CRÉDITOS DE PRÁCTICAS EN EMPRESA.

Recoñecerase a experiencia profesional directamente relacionada coas materias impartidas no Mestrado, tendo en conta o posto desempeñado e a duración da actividade. Traballos asemade deben cumprir as seguintes condicións:

- Ser desenvolvidos nas distintas Administracións Públicas (local, autonómica, central), así como en organismos autónomos, empresas e entes públicos. Tamén nas organizacións non gobernamentais.

- Acreditar un mínimo de 6 meses de experiencia profesional.

- Enviar unha memoria da experiencia laboral na que deben figurar os datos da institución, as tarefas, actividades e período temporal da experiencia. Esta debe estar asinada e selada por unha persoa responsable do organismo.