Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo será defendido polo alumnado ante a Comisión designada pola Comisión Académica do Máster. Para a avaliación da Máster-Tese o tribunal valorará:

- No caso de Máster-Tese con orientación profesional: a existencia dun produto/resultado, aplicabilidade e funcionalidade e calquera outra característica que permita establecer as capacidades do alumno no ámbito profesional relacionado coa temática do Máster.

- No caso de Máster-Tese con orientación académica: a calidade científica do traballo, valorada tanto polos resultados alcanzados, difusión e/ou as posibilidades de continuidade do traballo.

- En ambos casos se valorará tamén a presentación pública da Máster-Tese e a calidade formal do documento presentado.
100
 
Observacións avaliación


O traballo da Máster-Tese só poderá ser avaliado unha vez que se teña constancia de que o alumnado ten superado cando menos o 70% dos créditos totais necesarios para a obtención do título de Máster. 


O alumnado presentará á Coordinación do Máster, cunha antelación mínima de 15 días antes da defensa do proxecto, tres exemplares da Máster-Tese. Tamén presentará o proxecto en formato electrónico.