Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Tese de mestrado | Código | 611440026 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
A Máster-Tese deberá constar das seguintes partes: • PORTADA • AUTORIZACIÓN DO TITOR DA MÁSTER-TESE • ÍNDICE PAXINADO • RESUMO • INTRODUCIÓN XERAL • CORPO DO INFORME • CONSIDERACIÓNS / CONCLUSIÓNS FINAIS • BIBLIOGRAFÍA • ANEXOS, no seu caso. O proxecto que , deberá realizarse en lingua galega ou castelán, non superará as 100 páxinas a dobre espazo e tamaño de letra 12. A maiores, tamén poderá ser presentada unha copia e outro idioma da U.E. |
Cada unha das partes mencionadas debe recoller a seguinte información: 1. PORTADA. Será de deseño libre pero incluirá: Escudo e nome da Universidade; Nome da Facultade; nome do máster; título da Máster-Tese e nomes do autor e do tior; ano de presentación 2. RESUMO: recolle un breve resumo do contido do traballo. 3. INTRODUCIÓN XERAL: recolle a intención do autor e presenta o problema ou tema específico de estudo (os obxectivos ou as hipóteses). Descríbense as principais características do traballo, unha breve discusión sobre os antecedentes teóricos e empíricos e defínense os conceptos principais que serán utilizados no estudo. Tamén debe incluír o resumo das partes nas que se estruturou o traballo e o proceso de elaboración que se seguiu. 4. CORPO DO INFORME, composto por: fundamentos teóricos, metodoloxía, aplicación práctica e conclusións. Esta parte é a que desenvolve propiamente o traballo. Nel descríbese o método seguido, as achegas acadadas, o proceso de produción e recollida de datos e a súa análise, así como os principais instrumentos e procedementos usados. 5. CONCLUSIÓNS. Recolle ao final os principais os resultados e conclusións. 6. BIBLIOGRAFÍA: Ao final do informe aparece a sección de referencias a obras e fontes consultadas. 7. ANEXOS: O apéndice ou anexo achega unha información detallada que doutro xeito distraería a lectura no corpo do informe. Esta sección do traballo pode incluír táboas, gráficos, unha mostra do/s cuestionario/s empregado/s etc. No texto do traballo farase referencia aos contidos do anexo. Un traballo pode incluír máis dun anexo. |