Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral e escrita, que pode ser complementada co uso de medios audiovisuais, incentivando aos estudantes para que realicen as oportunas preguntas co fin de aumentar a comprensión dos temas
Discusión dirixida Valoraranse as respostas dos alumnos ás cuestións prácticas e teóricas expostas nas sesións interactivas
Estudo de casos Valoraranse as solucións propostas polos alumnos na resolución dos casos
Solución de problemas Valoraranse as respostas dos alumnos ás cuestións prácticas nas sesións interactivas
Seminario Impartirase en grupos de 15 alumnos. Destinarase a resolver dúbidas en relación coa temática da asignatura, coa forma de avaliación, etc.
Proba mixta Durante o período lectivo poderanse realizar probas escritas que complementarán a evaluación contínua e que computarán cara a cualificación final. No caso de non acadar na evaluación continua da clase (composta por discusión dirixida, estudo de casos, solución de problemas e probas escritas) a valoración polo menos de aprobado, realizarase unha proba obxectiva escrita final, a cal computará o 70 por cento da cualificación final. Esta proba constará de dous partes: unha primeira parte, de tipo test con penalización de respostas incorrectas e carácter eliminatorio, abordará unha panorámica de todos os temas con preguntas, principalmente, de tipo conceptual. Na segunda parte, co requisito dunha cualificación mínima (2,8 sobre 7), esixiranse respostas razoadas a diferentes cuestións sobre temáticas do programa