Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Para a súa avaliación teranse en conta os seguintes aspectos: estrutura, contido, fontes de información utilizadas, a redacción e a análise crítica. 10
Presentación oral Valorarase o soporte empregado na presentación, o dominio do tema e a capacidade de síntese 10
Obradoiro O profesor plantexará os alumnos unha cuestión relacionada coas clases maxistrales o con noticias económicas sobre a actividade do sector público para o seu estudo polo alumno e posterior discusión na aula 30
Proba obxectiva Consistirá nun exame escrito que combinará preguntas sobre conceptos fundamentais da materia con preguntas tipo ensaio 50
 
Observacións avaliación

A proba obxectiva se realizará nas datas fixadas
polo centro para as oportunidades do primeiro cuadrimestre e do mes de xullo,
respectivamente.

A entrega dos casos de estudio, traballos e
a súa presentación oral se realizará nas datas que estableza o profesor dentro do período no que se desenvolvan as actividades
académicas docentes do cuadrimestre.  A entrega e presentación oral posterior queda supeditada á existencia de causa de forza maior que impidise ao estudante facelo no período anteriormente mencionado. 

Terá cualificación de non presentado quen participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da puntuación acadada.

Está
prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación
co exterior e/ou o almacenamento de información, agás os expresamente
autorizados polo profesor.