Descrición xeral |
A materia pretende analisar a evolución da economía de Galicia dende unha perspectiva de longo prazo. Esta viaxe no tempo permitirá acadar dous obxectivos básicos. En primeiro lugar, entender os esforzos dos nosos devanceiros para obter pouco a pouco maiores cotas de benestar. Neste sentido, non podemos esquecer que o desenvolvemento económico constitue un fenómeno complexo que non só integra variabeis económicas se non tamén factores de tipo político, social e institucional. En segundo lugar, comprender a realidade económica actual de Galicia, que non é outra máis que o resultado dos seus éxitos e fracasos ao longo do tempo. Con esta finalidade, organízase o programa en dous bloques separados cronolóxicamente. O primeiro abrangue o estudo das nosas características básicas a finares do Antigo réxime, que configura o ponto de partida para o tempo posterior, e a análise da economía galega durante o século XIX, un periodo no que se ten producida a crise da economía tradicional e unha lenta transición cara unha economía de mercado. O segundo bloque, máis amplo, adícase ao estudo polo miudo da evolución da economía gallega durante o século XX e a primeira década do XXI. |