Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor comentará as pautas chave da materia que o estudante ten que coñecer e preparar con traballo individual e en grupo, empregando os demáis instrumentos que ofrece o curso. O estudante deberá asistir ás aulas obrigatoriamente. A asistencia ás aulas será decisiva para elaborar a cualificación final dos estudantes dudosos (aos que lles falten poucas décimas para o aprobado ou para subir a cualificación).
Actividades iniciais Orientación docente, técnicas de traballo e planificación do curso.
Análise de fontes documentais Insinarase aos estudantes a percurar información nas principais bases de datos, así como tamén se lles informará sobre os recursos máis significativos en rede, úteis para a preparación e ampliazón da materia.
Estudo de casos Incluen prácticas a partir de textos e datos estatísticos.
Lecturas Haberá algunhas leituras de carácter obrigatorio e o seu contido se discutirá nas aulas. Servirán como complemento das sesións maxistrais e como materiais para realizar estudos de caso e análises de tatos.
Seminario Complemento das lecturas, estudos de caso e prácticas (materiais cuantitativos e cualitativos discutidos en clase).
Proba mixta Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais. Valorarase a capacidade de expresión, o emprego e dominio do vacabulario específico, a capacidade analítica e sintética e o coñecemento dos contidos do programa.
Queda prohibido acceder á aula do exame con calisquer dispositivo que permita a comunicación co exterior ou o almacenamento de información.
Asi mesmo, é preciso que cada estudante que desexe realizar o exame, ten que identificarse correctamente co DNI ou o cartón de estudante na aula onde teña que realizar o exame.