Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario Complemento das lecturas, estudos de caso e prácticas (materiais cuantitativos e cualitativos discutidos en clase).

A súa avaliación será conxunta coa das lecturas.
Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.

0
Análise de fontes documentais Inclúen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo. Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.


35
Lecturas Análise e discusión de lecturas obrigatorias, complemento das clases maxistrais. Realizarase, preferentemente, no tempo dedicado a titoría de subgrupo de 15 alumnos. Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.


15
Estudo de casos Inclúen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo, así como determinadas lecturas.

A súa avaliación será conxunta coa da análise de fontes documentais.
Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.

0
Actividades iniciais Integran as seguintes actividades:

- Técnicas de procura de información sobre Economía e Empresa e Ciencias Sociais en xeral. Utilizarase como ferramenta, entre outras, o "Buscador de Economía y Empresa de la Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales de la UDC'.

- Técnicas de comentarios de textos.

- Técnicas de análise de material gráfico e estatístico.

A súa avaliación será conxunta coa da análise de fontes documentais.
Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.

0
Sesión maxistral Nestas sesións o profesor impartirá as pautas chave da materia que o alumno debe coñecer e preparar con traballo persoal e coa axuda do resto de instrumentos que ofrece o curso.

A súa avaliación farase basicamente ao través da proba obxectiva de final de curso.


0
Proba obxectiva Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa. Para superar a materia haberá que obter polo menos quince puntos. Valorarase a capacidade de expresión, manexo e dominio do vocabulario específico, capacidade analítica e sintética, e coñecemento dos contidos do programa.


50
 
Observacións avaliación

O alumnado que só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final será cualificado como non presentado, con independencia da cualificación acadada.


Está prohibido o acceso ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.


É obrigatoria a presentación dun documento oficial de identificación para o acceso ao exame.