Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados A súa ponderación na avaliación final é do 10%.
Computarase só se a asistencia ás sesións maxistrais, seminarios e as aulas de solución de problemas é de polo menos 2/3 do total de horas.
10
Proba de resposta múltiple A súa ponderación na avaliación final é do 30%. Poderán ser substituídas por probas escritas. 30
Proba mixta A súa ponderación na avaliación final será do 60% 60
 
Observacións avaliación

Cualificación de Non presentado: Otorogarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.

Condicións de realización dos exames: Durante a realización dos exames no se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior  e/ou o armacenamento de información. Poderá ser denegada a entrada a sala de aula con este tipo de dispositivos.

Plataforma virtual: Para seguir a materia será preciso utilizar a plataforma do departamento Moebius (http://moebius.udc.es). Para isto a cada estudante facilitaráselle un nome de usuario e un contasianl persoal ao inicio do curso. A información precisa para acceder á plataforma virtual con estas credenciais está en: http://moebius.udc.es. Na devanditaplataforma virtual estarán dispoñíbeis todos os materiais da materia: resumos dos temas, diapositivas das presentacións, exercicios, calificacións das probas de avaliación,etc.

Ademais, o estudantado deberá empregar esta plataforma para descargar os boletíns de exercicios persoais que deberán resolver e entregar antes da data prevists.