Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais exporanse os contidos teóricos do temario da materia facendo especial fincapé naqueles asuntos de máis difícil comprensión. Empregaranse tecnoloxías como a presentación eléctrónica, a folla de cálculo...
Estudo de casos Proporase ao alumnado unha colección de casos para que sexan resoltos de maneira individual ou en grupo. Para a resolución deberán empregar como ferramento básica a folla de cálculo. Esta metodoloxía forma parte da avaliación continua.
Proba obxectiva Esta proba obxectiva terá lugar nos períodos de exame. Incluirá preguntas de tipo test. Os contidos avaliables nesta proba serán os expostos na sesión maxistral, no estudo de casos ou na resolución de problemas.
Solución de problemas Proporase ao alumnado unha colección de problemas para facilitar a comprensión dos conceptos expostos nas sesión maxistrais. Poderán ser obxecto de traballo persoal ou en grupo fóra da aula ou tamén poderánse resolver nas horas dedicadas á docencia interactiva individualmente ou en grupo. Esta metodoloxía forma parte da avaliación continua.