Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Impartiranse aulas nas que se presentarán contidos teóricos en combinación con exercicios prácticos.
Prácticas a través de TIC Impartiranse aulas de prácticas, nas que se traballará cos computadores das aulas de informática da facultade.
Traballos tutelados Proporase un traballo que o alumnado terá que levar a cabo de forma individual e que será obrigatorio para superar a materia. O prazo e as normas de entrega estableceranse nas aulas.
Proba mixta Realizarase un exame escrito que conterá preguntas curtas, preguntas test e exercicios sobre os contidos das aulas de teoría, das aulas de prácticas e do aprendido na elaboración dos traballos obrigatorios.