Prácticas a través de TIC |
Avaliarase a participación, a actitude e o aproveitamento de cada alumno/a nas aulas. |
5 |
Proba mixta |
Avaliarase o grao en que foron aprendidos os contidos traballados nas aulas e o coñecemento adquirido a través de traballo persoal. A puntuación positiva nesta proba será imprescindíbel, mais non suficiente, para superar a materia. |
45 |
Ademais da asistencia e participación activa nas clases e a habilidade demostrada no manexo de ferramentas informáticas nas clases de laboratorio, valorarase o traballo e o exame de contidos finais.
Para superar a materia será necesario acadar o 50% da puntuación máxima tanto do exame (proba mixta) como do traballo (traballos tutelados). De non acadar esta puntuación mínima nalgunha das probas, a cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar o traballo tutelado e realizar a proba mixta nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que o/a profesor/a comunicará ao alumnado publicándoos na web da materia a principio de curso. Para este alumnado, cada unha destas probas suporá o 50% da cualificación final, en vez do 45%.
|