Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliarase o progreso, a participación e a actitude de cada alumno nas aulas. 5
Prácticas a través de TIC Avaliarase o progreso, a participación e a actitude de cada alumno nas aulas. 5
Proba mixta Avaliarase o grao en que foron aprendidos os contidos traballados nas clases e o coñecemento adquirido a través do traballo persoal. 50
Traballos tutelados Avaliarase a orixinalidade, a corrección e a calidade dos traballos desenvolvidos, así como a súa presentación. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario acadar o 50% da puntuación máxima tanto do exame (proba mixta) como do traballo (traballos tutelados). De non acadar esta puntuación mínima nalgunha das probas, a cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0.

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar o traballo tutelado e realizar a proba mixta nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que o/a profesor/a comunicará ao alumnado publicándoos na web da materia a principio de curso. Para este alumnado, o traballo tutelado suporá o 50% da cualificación final, en vez do 40%.