Código Competencias da titulación
A1 Que saiban utilizar as técnicas específicas de xestión e organización da información.
A4 Que dominen o entorno virtual.
A5 Que saiban operar no tratamento automático da linguaxe.
A8 Que poidan crear contidos culturais.
A9 Que poidan realizar tarefas de revisión, corrección, supervisión e asesoramento lingüístico.
B1 Que posúan e comprendan coñecementos especializados no ámbito dos estudos lingüísticos e das tecnoloxías da comunicación.
B2 Que teñan capacidade para ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas.
B3 Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos.
B5 Que sexan capaces de integrar coñecementos diversos.
B6 Que saiban formular xuízos a partir dunha información que pode ser incompleta ou limitada.
B9 Que posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando e aprendendo dun modo autónomo.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.