Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo tutelado suporá a maior porcentaxe na cualificación. É no traballo onde o estudante mostrará o grao de destreza no uso dos diferentes programas, así como a orixinalidade e a resolución para ofrecer solucións aos diferentes problemas prácticos. 70
Prácticas a través de TIC Actividades consistentes en manexar diferentes sistemas de TA e de léxicos on line que serán avaliadas de forma continua ao longo do curso 15
Proba de resposta múltiple Unha proba de resposta múltiple feita no derradeiro día de clase que sinale se se comprenderon os conceptos fundamentais mostrados no curso 15
 
Observacións avaliación

A avaliación danos información sobre a aprendizaxe adquirida por o estudante e axudanos a verificar que se conseguiron os obxectivos. Dado o caracter eminentemente práctico que pretende este Master, pensamos que o criterio fundamental debe basearse máis na avaliación das destrezas que no dominio dos conceptos teóricos. Os criterios de avaliación serán o cumprimento dos requisitos e obxectivos prantexados nos diferentes traballos e actividades, o grao de destreza no uso dos diferentes programas, así como a orixinalidade e a resolución para ofrecer solucións aos diferentes problemas práctico.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que
solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades
avaliábeis nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal
efecto e que o/a profesor/a comunicará a alumnado afectado no inicio do
curso.