Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Entrevista (ou outro tipo de actividade) individual e/ou grupal para avaliar o nivel de partida do alumnado.
Presentación oral Cada estudante expón oralmente durante un tempo específicado sobre un tema concreto, relacionado con contextos profesionais e / ou empresariais. O obxectivo é a incorporación na fala do vocabulario e estratexias discursivas practicadas na clase.
Aprendizaxe colaborativa Traballo na aula en grupos: exercicios orais (ex., entrevistas, conversas telefónicas) e escritos (ex., redacción colaborativa, corrección por pares).
Discusión dirixida Debate sobre cuestións expostas nas presentacións, exposicións, vídeos, lecturas, etc.
Esquemas Material de apoio para exercicios e probas orais, e de pre-escritura para todos os tipos de documentos vistos.
Estudo de casos Préstase atención a exemplos concretos de empresas nun momento específico da súa historia, como base para os exercicios de rol.
Lecturas O alumnado deberá ler documentos en diferentes formatos como paso previo á súa discusión e análise na clase ou como base para os roles que teñan que asumir noutros exercicios.
Proba de ensaio Redacción, na aula, da informes, cartas, ou outro tipo de documentos.
Proba oral Avaliación da producción oral en exercicios que reproducen situacións como, por exemplo, unha entrevista de traballo, unha presentación ou unha conversa telefónica.
Sesión maxistral Exposición por parte das profesoras de contidos a aplicar en exercicios prácticos.
Xogo de rol (role playing) Asociadas a ésta hai outras metodoloxías ou actividades como lecturas, exercicios de vocabulario, de resolución de problemas, etc. orientadas a preparar a cada alumno/a para asumir un papel ficticio nunha empresa e funcionar como tal en conversas, informes escritos, presentacións profesionais, comunicacións electrónicas, etc.