Materias que se recomenda ter cursado previamente
Retórica Aplicada/613421121
Análise do Discurso/613421122

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
O alumno deberá realizar unha autocrítica do seu labor, e o profesor proporcionaralle directrices para a súa mellora e recuperación. É moi importante que o alumno consulte co profesor as súas dúbidas, e atenda as orientacións que se lle proporcionaren e as correccións que se lle fixeren. É fundamental para isto asistir ás titorías colectivas e individuais, e revisar as actividades e traballos, unha vez corrixidos e avaliados. O alumno xa traballou ou coñece moitos dos contidos teóricos desta materia, ou ten doado acceso a materiais e recursos con que adquirilos e/ou recordalos. Nesta materia preténdese que os alumnos apliquen eses coñecementos, poidan analizar criticamente as aplicacións que eles ou outros fan, e sexan conscientes das súas consecuencias e implicacións (lingüístico-técnicas, corporativas, legais e éticas). Nesta materia deberán fixarse ante todo na eficacia das técnicas utilizadas para conseguir o propósito perseguido, e deberán asimilar a idea de que é importante a formación continua e estar aberto a calquera ámbito e novidade discursivos para ser competentes no seu desempeño profesional.