Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Impartiranse aulas nas que se presentarán contidos teóricos en combinación con exercicios prácticos.
Traballos tutelados O alumnado realizará dous traballos tutelados.
O primeiro consistirá na selección e comentario de algúns exemplos de literatura hipertextual. Este traballo exporase oralmente en sesión presencial.
O segundo traballo consistirá na elaboración dun breve ensaio relacionado con algún dos apartados dos temas do programa. Nas primeiras sesións do curso determinarase tanto a data de comunicación do tema como a data límite de entrega.

Discusión dirixida Ao longo de varias das sesións do curso, desenvolveranse discusións, moderadas pola profesora, sobre algún dos aspectos do temario. Previamente deberán prepara a discusión a partir das lecturas obrigatorias determinadas pola profesora.
Presentación oral Destinaranse as sesión presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos.
Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a realización dos traballos.