Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados A oferta de liñas de traballo ás que o alumnado poderá adscribir o seu traballo fin de mestrado publicarase anualmente. O alumno definirá un tema concreto dentro dalgunha das liñas ofertadas.
O traballo fin de mestrado será realizado de forma individual polo/a estudante baixo a supervisión dun profesor titor. O labor de titorización tamén poderá desenvolverse coordinadamente por dous profesores.
Son funcións do titor: facilitar as orientacións precisas para a elaboración do traballo fin de mestrado por parte do alumno; supervisar a realización do proxecto, a calidade dos seus contidos e a súa adecuación ás presentes normas; emitir un informe sobre o traballo realizado polo estudante cubrindo o formulario correspondente, destinado á Comisión avaliadora; dar o visto bon para a inscrición e a presentación do traballo fin de mestrado.