Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a participación activa na clase e a actitude de cada alumno, a achega de información e suxestións. 5
Proba mixta Avaliarase o grao de coñecemento dos contidos da materia adquiridos nas clases e a través das lecturas e traballo persoal do alumno. Na proba terase en conta, ademais, o seguinte:
- claridade expositiva
- corrección lingüística
- capacidade de síntese
40
Traballos tutelados Terase en conta a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), aplicación dos coñecementos adquiridos, coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, iniciativas, resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e entrega no prazo establecido.
40
Recensión bilbiográfica Terase en conta a cabal comprensión do contido, a capacidade de síntese, a corrección expresiva e a capacidade crítica. 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario obter, cando menos, o 50% da cualificación máxima en todas as actividades avaliadas.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa
académica deberán entregar as actividades  avaliábeis nas condicións e nos
prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que a profesora
comunicará a alumnado afectado no inicio do curso.