Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais O alumnado deberá consultar, analizar e criticar: a) diferentes estudos sobre o emprego dos diferentes recursos existentes na investigación da literatura e a cultura; b) exemplos de textos documentados axeitadamente ou defectuosamente
Aprendizaxe colaborativa O grupo estará dividido en grupos. Cada membro terá asignada unha función na producción dun artigo crítico simulado (esa función irá rotando en cada sesión). Ao rematar, establecerase unha discusión entre os diferentes grupos en torno ás dificultades atopadas e aos recursos empregados por cada grupo para resolver situacións comprometidas.
Discusión dirixida Cada sesión se iniciará e rematará cunha discusión dirixida sobre os temas correspondentes, coas que se valorará unha evaluación inicial e unha evaluación final como acto autoreferencial e reflexivo por parte do alumnado.
Estudo de casos O alumnado se someterá a actuacións concretas de casos específicos. Por un lado, se lle presentará o caso dun proceso de documentación para un artigo académico dirixido a unha revista internacional en inglés, e por outro lado o caso dunha participación nun congreso internacional. O alumnado deberá explorar, discutir e decidir sobre os compoñentes académicos (investigación, contidos, etc) e sociais (cultura, diversidade, etc) a ter en conta.
Lecturas Os contidos do curso van apoiados por unha seri de lecturas recomendadas nunha bibliografía xeral e específica para a materia, así como por asignacións puntuais para cada sesión.
Portafolios do alumno O alumnado deberá manter en todo momento un portafolio da asignatura, que deberá incluir: notas de clases, traballos de investigación, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Traballos tutelados Nesta materia o alumnado terá un protagonismo nuclear na súa aprendizaxe. Deberá realizar dous traballos independentes sobre: 1) Os principais recursos para a investigación da literatura (ou a cultura), e 2) Ventaxas e desventaxas dos recursos electrónicos na actualidad: estudo pormenorizado dun caso concreto.
Sesión maxistral Explicación teórica do profesor sobre a utilización dos diferentes recursos para a literatura, con exemplos prácticos.
Actividades iniciais Haberá unha evaluación inicial consistente nunha sección escrita, na que o alumnado respostará a preguntas concretas sobre a materia, e unha sección oral na que se debatirán as principais liñas de actuación no curso.