Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura e arte | Código | 613484009 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Lecturas | O alumno, como parte do seu traballo autónomo, haberá de ler algúns textos facilitados pola profesora, tanto para o seu traballo tutelado como para algunhas das actividades propostas. Neste caso, a lectura terá que estar realizada con anterioridade á actividade. Dunha das lecturas propostas, o alumno haberá de realizar unha recensión bibliográfica que entregará á profesora na data indicada. Neste traballo cualificaranse os seguintes aspectos: - claridade expositiva - calidade lingüística - capacidade crítica - capacidade de síntese |
20 |
Presentación oral | O alumno haberá de presentar en público o traballo tutelado realizado e ser capaz de responder a cantas preguntas fáganselle respecto de obxectivos, estrutura, metodoloxía e fontes. Para a súa cualificación teranse en conta os seguintes aspesctos: - claridade e fluidez expositiva - emprego de recursos de apoio |
20 |
Traballos tutelados | O alumno haberá de mostrar que foi capaz de asimilar correctamente os contidos da materia e plasmalos no traballo persoal. Avaliarase a orixinalidade, correcta estructuración de contidos, corrección expositiva, calidade e profundidade da análise así como a súa correcta presentación e logro dos obxectivos propostos. | 50 |
Sesión maxistral | Avaliarase o progreso, a participación e a actitude de cada alumno nas aulas | 10 |
Observacións avaliación | ||
As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades avaliábeis nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que a profesora comunicará a alumnado afectado no inicio do curso. |