Traballos tutelados |
O alumnado realizará dous traballos tulelados.
O primeiro, individual, consistirá na elaboración dunha investigación orixinal, rigorosa e de extensión limitada relacionada con algún dos apartados dos temas do programa. Nas primeiras sesión do curso determinarase tanto a data de comunicación do tema como a data límite de entrega.
O segundo, realizado en pequenos grupos, consistirá na selección e comentario de exemplos significativos de literatura hipertextual ou da relación das culturas minorizadas do noso contorno coa internet. Este exporase oralmente en sesión presencial. Nas primeiras sesións serán determinadas tanto a data de comunicacións dos exemplos escollidos , como as datas das sesións presenciais destinadas á presentación oral do traballo grupal.
|
Lecturas |
Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a elaboración dos traballos. |
Sesión maxistral |
O alumnado deberá asistir ás aulas teóricas presenciais en que o profesor presentará conceptos e estratexias que posteriormente se desenvolverán nas sesións prácticas e cuxo coñecemento será exixido para a superación do curso. |