Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida A participación activa e con argumentos madurecidos e criativos nas discusións dirixidas presenciais ou asíncronas representará o 20% da cualificación final. 20
Traballos tutelados O traballo invidivual representará o 40% da cualificación final. Terase en conta a presentación dentro dos prazos (5%), a utilización de bibliografía e outro material complementar fornecido nas aulas (5%), así como a calidade do mesmo (30%).

O traballo grupal representará o 10% da cualificación final.
50
Presentación oral Serán avaliadas tanto a presentación oral do traballo grupal como a participación retroalimentadora nos traballos dos outros grupos. 10
Lecturas As lecturas avaliaranse através do traballo individual tutelado e da incorporación madurecida dos seus contidos tanto ás discusións dirixidas como aos comentarios retroalimentadores dos traballos dos compañeiros realizados no espazo de traballo colaborativo en liña.
20
 
Observacións avaliación

Non será posíbel superar a materia sen realizar o traballo tutelado nin participar, polo menos, nunha discusión dirixida.


Os/as alumnos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes con matrícula ordinaria. A presentación oral do traballo realizarase nunha sesión de tutoría persoal. A data e hora de realización destas sesións poderán ser concertadas a través do correo electrónico.