Metodoloxías Descrición
Presentación oral O alumno terá que facer unha presentación na aula do seu traballo tutelado. Debe ser capaz de responder a cantas preguntas se lle fagan ao respecto dos obxectivos, a estrutura, a metodoloxía, as fontes...
Discusión dirixida Plantearanse con antelación temas de discusión nos que a participación dos alumnos é obrigada. Polo xeral estas discusións basearanse en textos seleccionados pola profesora.
Lecturas O alumno, coma parte do seu traballo autónomo, terá que ler obrigatoriamente un bo número de textos de cancioneiro e outras obras conectadas con eles, seleccionados pola profesora, e que se lle proporcionarán na aula. Indicarase oportunamente que lecturas terán que ser realizadas con anterioridade a certas actividades da aula. Poderáselle recomendar a lectura de certa bibliografía para a realización do traballo tutelado.
Sesión maxistral Ofrecerase un achegamento teórico aos temas principais, con indacións de recursos para adquirir os contidos e poder realizar os exercicios prácticos.
Traballos tutelados O alumno terá que presentar por escrito un traballo que consistirá no estudo dun o máis poemas de cancnioneiro.