Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliarase a orixinalidade, correcta estruturación de contidos, corrección expositiva, calidade e profundidade da análise así coma a súa correcta presentación e logro dos obxectivos propostos. Valorarase a capacidade de relación co visto nas clases. 40
Presentación oral Para a súa calificación teranse en conta os seguintes aspectos:
-claridade e fluidez expositiva
-empleo de recursos de apoio
20
Discusión dirixida Avaliarase o progreso, a participación e a actitude de cada alumno na aula. 20
Lecturas O alumno, tanto nas discusións dirixidas na aula, coma no traballo tutelado debe dar mostras de ter lido os textos sinalados pola profesora. 20
 
Observacións avaliación

Os prazos de entrega dos exercicios serán fixados pola profesora e serán inamovibles. Para superar a materia é necesario obter, coma mínimo, o 50% da calificación máxima en todas as actividades avaliadas.