Discusión dirixida |
Nesta actividade, partindo dos textos fílmico-literarios, de fontes secundarias relevantes e das explicacións da docente, se animará ao alumnado a participar, por medio de preguntas ou temas de debate, no análise e interpretación de textos, fenomenos culturais e outros conceptos relevantes. |
Presentación oral |
Esta exposición oral complementa os traballos tutelados. |
Lecturas |
Cada estudante deberá levar a cabo a lectura das fontes primarias (textos literarios), maioritariamente, e tamén, en menor medida, de fontes secundarias de extensión reducida (artigos, capítulos…). En clase
so se levará a cabo a lectura de textos cando estes sexan breves; en cambio, o visionado das dos películas si terá lugar nas sesións presenciais. |
Análise de fontes documentais |
Nas sesións sinaladas na planificación os alumnos analizarán tanto as fontes primarias (textos e filmes) como fontes secundarias que interpreten os textos ou que exploren conceptos relevantes para a materia. |
Sesión maxistral |
Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos (películas, novelas, memorias) a analizar, se explorarán os conceptos teóricos más relevantes arredor do tema central da materia (multiculturalismo e postmulticulturalismo, etnicidade e transetnicidade, os fenómenos diaspóricos e transnacionais), e finalmente se proporcionarán pautas de análise textual.
|