Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos a analizar, exploraranse os conceptos teóricos más relevantes nos estudos poscoloniais e proporcionaranse pautas de análise textual.
Traballos tutelados Cada estudante realizará un traballo escrito de extensión breve en torno a un tema ou aspecto a elixir, traballo que resumirá para a súa exposición oral.
Presentación oral Esta exposición oral complementa os traballos tutelados.
Eventos científicos e/ou divulgativos Se propiciará a asistencia a conferencias, debates, actuacións ou actividades audiovisuais que complementen as explicacións, favorezan a comprensión da materia ou aporten ideias e ferramentas para as discusións dirixidas.
Lecturas Cada estudante deberá levar a cabo a lectura das fontes primarias (textos literarios), maioritariamente, e tamén, en menor medida, de fontes secundarias de extensión reducida (artigos, capítulos…).
Discusión dirixida Nesta actividade, partindo dos textos e das explicacións da docente, se animará ao alumnado a participar, por medio de preguntas ou temas de debate, na análise e interpretación de textos, fenomenos culturais e máis conceptos relevantes na crítica literaria e cultural.