Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Descrición dos obxectivos e contidos da materia, a súa metodoloxía e a súa avaliación. Brainstorming sobre os temas da materia. Pescuda e volcado de información.
Discusión dirixida Nesta actividade, partindo dos textos, de fontes secundarias relevantes e das explicacións da docente, se animará ao alumnado a participar, por medio de preguntas ou temas de debate, no análise e interpretación de textos e doutros fenomenos culturais.
Traballos tutelados Cada estudante realizará un traballo escrito de extensión breve (2500-3000 words), en torno a un tema ou aspecto a elixir (interpretación dun texto literario ou fílmico, ou estudo comparativo), traballo que resumirá para a súa exposición oral.
Presentación oral Esta exposición oral complementa os traballos tutelados.
Lecturas Cada estudante deberá levar a cabo a lectura das fontes primarias (textos literarios), maioritariamente, e tamén, en menor medida, de fontes secundarias de extensión reducida (artigos, capítulos…). Só se levarán a cabo lecturas en clase cando se trate de textos breves.
Análise de fontes documentais Nas sesións sinaladas na planificación os alumnos analizarán tanto as fontes primarias (textos literarios) como fontes secundarias que interpreten os textos ou que exploren conceptos relevantes para a materia.
Sesión maxistral Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos a analizar, exploraranse os conceptos teóricos más relevantes nos estudos poscoloniais e proporcionaranse pautas de análise textual.