Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Literaturas en lingua inglesa no contexto poscolonial 2 | Código | 613484026 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Discusión dirixida | A discusión dirixida levarase a cabo en sesións de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase a participación activa de cada estudante no debate ou discusión, ademáis da calidade do resultado. | 30 |
Traballos tutelados | Valoraranse os coñecementos adquiridos, a orixinalidade dos enfoques e das aportacións, e a corrección da expresión escrita. | 40 |
Presentación oral | Como complemento do traballo tutelado, neste caso, ademáis dos contidos e a orixinalidade do traballo e a corrección lingüística, valorarase o manexo de distintas ferramentas para a exposición oral. | 10 |
Análise de fontes documentais | Nas sesións sinaladas na planificación os alumnos analizarán tanto as fontes primarias como fontes secundarias que interpreten os textos ou que exploren conceptos relevantes para a materia. A calidade do devandito análise computará a efectos de avaliación. | 20 |
Observacións avaliación | ||
A avaliación da materia levarase a cabo de forma continua. Nela terase en conta: (1) os coñecementos adquiridos e a súa aplicación práctica (2) as competencias amosadas nas actividades avaliables encomendadas, especialmente a competencia lingüistica e argumentativa (3) o traballo continuado que desenvolva o/a estudante, a asistencia e participación nas sesións presenciais e a súa contribución activa. ESTUDANTES CON DISPENSA: a/o estudante que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia ao principio de curso para planificar os axustes necesarios no proceso de aprendizaxe-avaliación. |