Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa e a participación na aula representarán un 10% da cualificación final. 10
Obradoiro A recensión realizada como resultado dos obradoiros valoraranse cun 20% da nota final 20
Sesión maxistral Os coñecementos atinxidos nas sesións maxistrais serán avaliados por medio dunha proba obxectiva que se levará a cabo nas aulas ao final do cuadrimestre e que suporá un 50% da nota final 50
Traballos tutelados O traballo tutelado corresponderase cun 20% da cualificación final da materia 20
 
Observacións avaliación

Para a proba obxectiva facer media co resto das actividades debe estar cualificada cun mínimo de 4 puntos sobre 10.

Os/as alumnos/as que non superaren a materia en xaneiro deberán realizar en xullo unha proba escrita e entregar os traballos non presentados e/ou suspendidos.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente co/coa profesor/a.

Considerarase non presentado na materia quen non realizar a proba escrita e/ou as actividades obrigatorias propostas polo docente (recensión, traballo tutelado e exposición oral).

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de actividades e traballos se estes foren entregados fóra de prazo sen causa xustificada.

As actividades escritas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística.