Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas Será obrigatorio ler unha narración breve en lingua inglesa e contestar a unha serie de preguntas sobre ela por escrito. 5
Proba oral Todos o alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre ou no período da avaliación en que deberá amosar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. 10
Proba obxectiva No período de avaliación de xaneiro o alumnado terá que realizar unha proba obxectiva de Use of English (30 puntos). 30
Discusión dirixida Nas clases prácticas de inglés oral coa lectora avaliaranse todas as intervencións do estudantado ao longo do cuadrimestre. 5
Sesión maxistral Os coñecementos acadados na sesión maxistral avaliaranse a través de probas prácticas de uso da lingua inglesa, que se realizarán na aula ao longo do cuadrimestre. 10
Seminario A avaliación das competencias que o alumnado debe acadar tras participar nos seminarios realizarase a través dun exercicio de reading comprehension (5 puntos) e un exercicio de listening comprehension (5 puntos) que se levarán a cabo na aula ao longo do cuadrimestre. Ademáis deberán realizar ao terminar o cuadrimestre, na data oficial, un exercicio avaliable de reading comprehension (5%) e outro de listening comprehension (10%). A competencia escrita avaliarase por medio das catro redaccións que terán que entrega á lectora ao longo do cuadrimestre (15%). 40
 
Observacións avaliación

A avaliación total por destrezas distribúese deste xeito:
Use of English: 40 (proba práctica avaliable feita na aula: 10%; proba obxectiva: 30%)
Reading: 15 (1 exercicio práctico avaliable feito na aula: 5%; lectura de narración breve: 5%; proba na data oficial: 5%)

Writing: 15 ( 4 redaccións: 15%)

Speaking: 15 (discusión dirixida 5%;  proba oral 10%)
Listening: 15 (1 exercicio práctico avaliable: 5%; proba obxectiva: 10%)

IMPORTANTE: 
Para superar a materia, a cualificación mínima é un 5.
A nota mínima da proba obxectiva de Use of English para poder sumar as
puntuacións das outras destrezas deberá ser de 4 puntos sobre 10.
Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de
traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa
xustificada.
Os alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de
xaneiro ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis
do 50% de actividades durante o curso.

AVALIACIÓN XULLO:
Os/as estudantes que en xaneiro non superen a materia ou aqueles/aquelas
que non presenten alomenos o 50% das redaccións terán que ir á
oportunidade de xullo, na que o alumnado terá que demostrar ter acadadas
as competencias da materia nos porcentaxes totais establecidos mediante
a superación de probas nas distintas destrezas, redaccións
sustitutorias das feitas na aula, lectura dunha narración breve distinta
á proposta durante o cuadrimestre, e unha entrevista oral
individualizada coa profesora.

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha
dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a
principio de curso para planificar, en cada situación concreta e
individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante as
porcentaxes de "discusión dirixida", "lecturas" e "seminario" .