Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Terá carácter teórico-práctico en consonancia coa organización do curso. Ademais dos coñecementos e competencias adquiridas valorarase a corrección lingüística, como se sinala nas observacións. 50
Recensión bilbiográfica Terase en conta a adecuación do resumo na recensión (extensión, ideas principais) con respecto á obra salientada, a achega crítica (axeitada ao nivel do curso) e a corrección lingüística. 10
Solución de problemas Valorarase tanto que a solución sexa a axeitada coma que tamén estea convenientemente xustificada. 25
Traballos tutelados Valorarase a habilidade no manexo de diferentes fontes documentais (tradicionais ou electrónicas), a capacidade de síntese, os resultados obtidos e a adecuación lingüística. 15
 
Observacións avaliación

A asistencia e participación activa valorarase co 10%. Por esixencias da aplicación informática, este 10% inclúese no apartado "solución de problemas". Entenderase, polo tanto, que o 15% corresponde á valoración dos exercicios propostos e o 10% á participación activa nos debates suscitados na súa resolución ou no resto das sesións. Naqueles alumnos con dispensa académica, o apartado "solución de problemas" puntuará o 25% sen máis consideración.

Para superar a materia é necesario obter un catro (sobre 10) na proba mixta. Será cualificado como "non presentado" o alumno que non asista a esa proba.

Se a cualificación da primeira oportunidade é "suspenso" ou "non presentado", na segunda oportunidade (xullo) débe(n)se recuperar a(s) parte(s) pendiente(s). Para iso o profesor propoñerá actividades de carácter similar.

As probas e actividades escritas deben cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística. Por este concepto, poderá descontarse na cualificación final ata un 25% da nota.