Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas clases expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente no profesor, que tratará de profundizar nos aspectos máis relevantes das obras e autores nos que se centra o programa e ofrecer e comentar a bibliografía coa que se ha de completar o tema. A exposición do profesor complementarase sempre coa lectura e análise dos textos literarios, e a intervención pertinente dos alumnos que o consideren.
Portafolios do alumno O alumno terá que entregar o mesmo día da proba mixta final unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que conteña os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas durante o cuadrimestre. O portafolios ou carpeta incluirá todo as actividades encomendadas polo profesor, tanto as que completan as 102 horas de traballo autónomo como algunhas que se desenvolverán nas clases interactivas ou de grupo reducido.
Proba mixta Proba na que se busca que respondan por escrito, de xeito completo e coherente, a preguntas de certa amplitude valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.) e espírito crítico. Combinará a teoría e a praxe, de maneira que o estudante aplique as nociós teóricas adquiridas a análise de cuestións referidas aos textos de lectura.
Lecturas A lectura e o eixo desta materia, non só dos textos fundamentais dos autores que se estudian, senon tamén de artículos críticos e bibliografía complementaria.
Aprendizaxe colaborativa Nas sesións interactivas e en grupos reducidos traballaranse os textos con esta metodoloxía