Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase nas datas oficiais unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se plantearán varias preguntas centradas na análise de diversos aspectos relacionados coas obras de lecutra e nas que o estudante ha aplicar os coñecementos teóricos adquiridos.
50
Portafolios do alumno O alumno terá que entregar o mesmo día da proba mixta final unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que conteña os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas durante o cuadrimestre. O portafolios ou carpeta incluirá todo as actividades encomendadas polo profesor, tanto as que completan as 102 horas de traballo autónomo como algunhas que se desenvolverán nas clases interactivas ou de grupo reducido. O portafolios avaliarase segundo unha planilla ou matriz de avaliación que os alumnos coñecerán de antemán e que terá en conta tanto os contidos como acorrección ortográfica, gramatical, a claridade expositiva, a presentación, etc. 40
Aprendizaxe colaborativa Terase en conta a asistencia as aulas e a participación do alumno, así como a capacidade para o traballo en equipo. 10
 
Observacións avaliación

Só se aceptarán traballos, actividades, etc. que se entreguen na data establecida, en soporte papel, e seguindo as normas para a entrega de traballos escritos.


Non se poderá aprobar a materia sen ter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta.


Na segunda oportunidade (xullo), a data de entrega das actividades do alumno será o mesmo día que a fixada oficialmente para o exame.


MOI IMPORTANTE: O alumno será avaliado e calificado sempre que acuda ao exame. Recibirá a cualificación de "NON PRESENTADO" cando non acuda o exame.