Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a participación activa de cada estudante no desenvolvemento dos mesmos como a calidade do resultado. A asistencia a estas sesións será tida en conta para a avaliación
Proba obxectiva Proba escrita individual de carácter teórico, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade de relacionar e organizar conceptos, resolver problemas e exercer un xuízo crítico.
Traballos tutelados O estudante elaborará un traballo de curso individual coa orientación e a asistencia do profesor. Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita. A presentación deste traballo ten carácter obrigatorio para poder presentarse á proba obxectiva e superar a materia.
Lecturas O estudante fará por contra propia as lecturas obrigatrorias que se lle propoñan e dará conta destas a través de exercicios específicos de control de lectura
Recensión bilbiográfica O estudante elaborará unha breve recensión bibliográfica individual a proposta do profesor
Sesión maxistral Sesións expositivas de carácter oral por parte do profesor sobre os diferentes contidos do temario. O profesor completará estas exposicións con guións, resumos e indicacións bibliográficas publicados a través da plataforma Moddle