Metodoloxías Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica Valorarase a capacidade de síntese, a claridade expositiva e, no seu caso, o xuizo crítico efectuado polo estudante 10
Análise de fontes documentais Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia a estas sesións como a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das mesmas 10
Proba obxectiva Proba escrita individual de carácter teórico, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións expositivas como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade de relacionar conceptos, organizar a argumentación, resolver problemas e exercer un xuízo crítico. Requirirase unha cualificación mínima de 4 sobre 10 para dar por superada esta proba 40
Traballos tutelados Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita. A presentación deste traballo terá carácter obrigatorio para presentarse á proba final obxectiva e superar a materia 25
Lecturas O estudante dará conta do aproveitamento das lecturas obrigatorias a través de exercicios específicos de control de lectura 15
 
Observacións avaliación

En caso de que as actividades presentadas por escrito non cumpran unhas esixencias mínimas de corrección lingüística, serán devoltas sen avaliar ao estudante para que as revise e as entregue de novo.


Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo as probas e/ou os traballos non superados ou aqueles que non presentasen.


O estudante será cualificado con Non Presentado só no caso de que non realice a proba obxectiva prevista.


O estudante que se matricule na modalidade de tempo parcial será dispensado da asistencia ás sesións prácticas de análise de fontes documentais. O 10% que se contempla por este concepto no cálculo da cualificación global será compensado na proba obxectiva, que pasará a contar un 50%.