Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Os traballos individuais e grupais (tanto presenciais como non presenciais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 30% da nota final. Concederase especial relevancia á aprendizaxe colaborativa.
30
Presentación oral Cada estudante terá de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
Proba obxectiva O estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 50
 
Observacións avaliación

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de actividades e traballos se estes foren entregados fóra de prazo sen causa xustificada.

Os/as estudantes que non superaren a materia ou que non cumpriren co 50% das actividades obrigatorias exixidas ao longo do cuadrimestre deberán realizar na convocatoria de xullo unha proba de carácter oral e escrito.

Considerarase non presentado na materia quen non realizar a proba escrita e/ou quen non entregar as catro actividades obrigatorias propostas polo docente.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica entregará as actividades
obrigatorias nunha data concertada previamente co/coa profesor/a.