Metodoloxías
Presentación oral
Recensión bilbiográfica
Traballos tutelados
Descrición
Precisaremos utilizar recursos expositivos baseados na procura de consensos que fuxan do recurso fácil ao xogo de maiorías e minorías nunha posta en escena que tentará convencer sobre a necesidade de aplicar unha medida ou unha serie de medidas de planificación nun sector ou grupo determinado.

A recensión bibliográfica estará orientada ao coñecemento e á análise crítica das ideas máis polémicas que se poidan tirar da súa lectura.

Os traballos tutelados implicarán un seguimento personalizado desde a propia elección do tema, á súa posíbel orientación e finalmente haberá tamén unha sesión común de valoración dos resultados.