Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Consiste na elaboración dun traballo final obrigatorio que terá o formato dun breve ensaio. Este consistirá na redacción dun comentario persoal e orixinal sobre un aspecto relacionado cun punto do programa, ou outro que sexa aceptado previamente pola profesora. O traballo terá que ir acompañado da bibliografía correspondente.

Presentación oral Exposición oral, na aula, en que cada estudante debe explicar a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no seu "Traballo tutelado" de modo claro e dinámico.


Análise de fontes documentais Como actividade derivada das sesións maxistrais, o alumnado terá que analizar textos (teóricos ou de creación) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc) . Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial.

Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a realización dos traballos.
Proba mixta Proba escrita que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
Combinará actividades de carácter ensaístico con outras de análise, recoñecemento de textos, fontes, etc.
Discusión dirixida Ao longo de varias das sesións do curso, desenvolveranse discusións, moderadas pola profesora, sobre algún dos aspectos do temario. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
Sesión maxistral Nas sesións docentes presentaranse os contidos teóricos da materia en combinación con preguntas dirixidas aos estudantes e propostas de exercicios prácticos. Para cada sesión, o alumnado terá que facer unha serie de lecturas obrigatorias que serán comentadas posteriormente na aula.