Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais O alumnado terá que analizar na clase textos (teóricos ou literarios) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc). Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial. 10
Sesión maxistral Avaliarase a asistencia, participación e actitude do alumnado nas aulas teóricas. 10
Traballos tutelados O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun comentario persoal e orixinal sobre un aspecto relacionado cun punto do programa.
Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. Este traballo deberá ser entregado na semana seguinte ao remate das aulas.
30
Presentación oral O alumnado terá que realizar na clase unha presentación do desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo tutelado". 10
Proba mixta Para superar a materia será obrigatorio obter o aprobado nesta proba 30
Discusión dirixida Avaliarase a participación activa nas sesións prácticas dedicadas á posta en común de cuestións e problemas previamente plantexados pola profesora. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. Ao mesmo tempo, na proba mixta deberá obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 como requisito imprescindíbel para para poder sumar o resto dos elementos avaliábeis.


O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas poderán ser penalizadas na cualificación.


Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas procentaxes que na oportunidade anterior.


Os/as alumnos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes con matrícula ordinaria. A presentación oral do traballo realizarase nunha sesión de tutoría persoal. A data e hora de realización destas sesións poderán ser concertadas a través do correo electrónico.