Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Para o correcto desenvolvemento das aulas, o alumno/a deberá acompañar as explicacións coa consulta de diferentes fontes bibliográficas e documentos audiovisuais indicados pola profesora ao longo do curso
Lecturas O estudantado debe realizar unha serie de lecturas obrigatorias para poder levar a cabo certas actividades propostas nas aulas (exercicios, debates, comentarios, recensións) e atinxir unha boa cualidade lingüística
Presentación oral Durante o curso o alumnado terá que expor verbalmente, en interacción coa profesora, algúns dos seus traballos
Traballos tutelados O/a estudante deberá entregar un traballo colectivo (máximo, 4 estudantes por grupo), fixado pola profesora no inicio do curso. Con este traballo preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e a colaboración entre os/as alumnos/as
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en aulas fundamentalmente expositivas á volta dos conceptos básicos da materia, unhas aulas en que se utilizarán diversos textos de carácter teórico-práctico seleccionados especificamente para facilitar a análise e a comprensión dos contidos.
Alén disto, nestas sesións coordinaranse actividades individuais ou grupais, resolveranse as dúbidas a respecto dos contidos propostos e achegarase bibliografía específica para cada tema
Solución de problemas Nas sesións de grupo mediano traballarase con frecuencia esta técnica, que permite asentar os coñecementos adquiridos nas aulas maxistrais mediante a resolución de situacións problemáticas concretas
Aprendizaxe colaborativa Baixo a coordinación da profesora, os estudantes realizarán diversas actividades en conxunto, co obxectivo de partillaren información, coñecementos e destrezas que redunden en beneficio de todos os membros do grupo
Obradoiro A combinación de diferentes modalidades formativas de carácter práctico (debates, probas de completar, mapas conceptuais etc.) permitirá ao alumnado desenvolver eficazmente tarefas relacionadas cos contidos da materia